Blogia
vgomez

VIAXE VIRTUAL A UNHA MESETA DE MARTE EN 360º

 

O robot Curiosity da NASA acaba de percorrer un tramo do terreo máis escarpado e difícil de transitar que atopou durante os 44 meses que durou ata agora a súa misión en Marte. Para que poidades ter unha idea de como é esta rexión do planeta vermello, a axencia espacial difundiu un vídeo panorámico e interactivo coas imaxes obtidas polo robot.

O robot ascendeu á Meseta Naukluft, na parte baixa do Monte Sharp, a principios de marzo, despois de pasar varias semanas investigando as dunas de area. O leito de roca arenisca da meseta foi tallado por millóns de anos de erosión eólica. O camiño de aproximadamente 400 metros cara ao oeste está a levar ao rover a superficies máis lisas que conducen a capas xeolóxicas de interese científico máis arriba.

A imaxe panorámica foi captada pola cámara de mastro (Mastcam) a bordo de Curiosity o pasado 4 de abril. A escena preséntase cun axuste de cor que mostra as rocas e a area como aparecerían baixo as condicións de luz diúrna da Terra.

FONTE: Xornal ElMundo/Ciencia

0 comentarios