A CANLE DE PANAMÁ: PASADO, PRESENTE E FUTURO
A canle de Panamá é unha canle de navegación, localizada en Panamá , no punto máis estreito entre o mar Caribe (océano Atlántico) e o océano Pacífico. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos Atlántico e Pacífico, xa que antes tiñan que dar a volta o Cabo de Fornos, o que provocou melloras económicas e comerciais durante case todo o século XX e o que levamos do XXI.
Pero cos anos os barcos foron medrando e as dimensións da canle son as mesmas que na súa inauguración polo que os maiores barcos que hoxe circulan son os denominados Panamax (determinados polas dimensións das cámaras das esclusas da canle, isto é: 33,53 metros de anchura por 320 metros de lonxitude).
Ante esta situación e coa aparcición dos barcos que superan as medidas da canle (denominados Post-Panamax), a competencia da canle de Suez (moito máis ancha) e as posibles rutas alternativas que empezan a posicionarse, fixeron que tralo referendo nacional do 22 de outubro de 2006 no que o pobo panameño cun 76,8% do voto, o proxecto dun novo carril de tráfico ao longo da canle construíndo un novo xogo de esclusas fose aprobado.
A realización deste megaproxecto foi encargado a un consorcio, o Grupo Unidos pola Canle (GUPC), no que participa a empresa española Sacyr, que de seguro coñeceredes pois nestes días está nos medios de comunicación por pedir un sobrecustesde 1.600 millóns de dólares (1.177 millóns de euros) por problemas xeológicos non detectados.
No vídeo superior tedes toda a historia da canle de Panamá e tamén os datos desta ampliación, que fan desta canle unha obra faraónica do seculo XX e, por agora, do século XXI.
0 comentarios