Facebook Twitter Google +1     Admin

 

A sonda automática  Voyager 1 partiu da Terra en 1977 e pasou preto de Xúpiter e Saturno. Logo tomou o rumbo de saída do Sistema Solar e afastouse xa da Terra ata unha distancia de seis veces a órbita de Neptuno, o planeta máis exterior, uns 19.000 millóns de quilómetros do Sol. Agora está "no abismo do espazo interestelar", como di Richard A. Kerr na revista  Science. E ao parecer leva xa un ano fóra da esfera de influencia do Sol, porque cruzou a fronteira en agosto do ano pasado. A noticia agora é que, despois de moitos debates sobre se efectivamente a Voyager 1 saíu ou non da denominada heliosfera hai un ano, os novos datos recibidos da sonda e as análises de rexistros anteriores da misión mostran que efectivamente, tal e como se anunciou, foi entón cando esta nave da NASA abandonou a burbulla de partículas cargadas, quentes, que rodea ao Sistema Solar e entrou no ámbito frío e escuro do espazo interestelar, explica Science. "É o primeiro obxecto construído polo home que saíu oficialmente ao espazo interestelar", anuncia a NASA.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.