Facebook Twitter Google +1     Admin

O LAGARTO "PINOCHO"

Publicado: 14/10/2013 18:46 por vgomez en CURIOSIDADES

 

O lagarto Pinocchio (Anolis proboscis) é unha especie en perigo extinción que só apareceu en catro localizacións, a maioría xunto a unha estrada, segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Chamado así polo longuísimo apéndice na súa cara, críase extinto dende hai 50 anos, pero reapareceu nas selvas de Ecuador. Un equipo de investigadores e fotógrafos da compañía de ecoturismo Tropical Herping conseguiu dar co animal despois de tres anos de busca no noroeste do país. O lagarto foi descuberto por primeira vez en 1953, pero non volveu ser visto entre 1960 e 2005, cando un ornitólogo viu un cruzando unha estrada na mesma área remota de Ecuador. O seu ámbito é reducido realmente.

O apéndice do lagarto, parecido a un nariz, é un trazo da selección sexual que probablemente non sirva para nada, pero que indica á femia que o macho ten uns bos xenes, da mesma forma que os pavóns exhiben as súas fermosas colas. As femias carecen desa especie de “nariz”. 

FONTE: destinationecuador.com e xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.