Blogia
vgomez

ERROS CIENTÍFICOS QUE SE REPITEN UNHA E OUTRA VEZ NO CINEMA (II)

 

Continúo coa segunda entrega dos erros relacionados coa ciencia que parecen quedarse na pantalla para non irse xamais:  O malo non se move porque é moi forte.

No cinema, cando lle pegas a alguén, ese golpe non che afecta a ti. A lei da acción e reacción non existe. O principio de conservación da cantidade de movemento desaparece das leis da lóxica. O Duente Verde mételle unha puñada a Spiderman e mándao a Cuenca, e ese tipo de cousas. Unha película que si respecta (ao bruto) a cinética é Matrix, polo menos no momento "supertoña baixo a choiva" no que Neo e o Axente Smith (dous adversarios coa mesma masa) saen disparados cada un cara a un lado.

FONTE: Xornal Público.es/strambotic

0 comentarios