Facebook Twitter Google +1     Admin

A INXUSTIZA DO PRETIGE!

Publicado: 16/11/2013 08:32 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20131116082904-davila.jpg

Viñeta de Luis Davila / Xornal Faro de Vigo de hoxe

O pasado mércores, a Audiencia Provincial da Coruña condenou só un dos tres acusados pola catástrofe ambiental do Prestige, o capitán do petroleiro, Apostolos Mangouras, por un delito de desobediencia grave á autoridade. O xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos; e o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors, resultaron absolvidos.

Os tres acusados resultaron absolvidos dos delitos contra o medio, danos en espazos naturais protexidos e danos provocados polo afundimento do petroleiro en novembro de 2002, pero Mangouras resultou condenado a nove meses de prisión polo delito de desobediencia por desoír as ordes das autoridades españolas á hora de facilitar o remolque do barco despois de que se dese a primeira avaría e fuga de fuel o 13 de novembro daquel ano, xusto hai once anos.

O presidente do tribunal juzgador leu a sentenza en galego e durante unha hora e dez minutos. Fíxoo en ausencia dos tres procesados (os dous mariños seguírona dende Grecia e López Sors dende Madrid) e indicou a ausencia de responsabilidade penal polos danos provocados pola marea negra pola "indefinición das causas do acontecido".

A Sección Primeira da Audiencia conclúe que tras dez anos de instrución do caso e nove meses de xuízo "ninguén sabe con exactitude cal puido ser a causa do acontecido, nin cal debería ter sido a resposta apropiada á situación de emerxencia creada pola grave avaría do Prestige", de aí que non poida establecerse ningunha responsabilidade penal polos danos ocasionados. Só se considera probado que Mangouras desobedeceu, un delito do que tamén estaba acusado o xefe de máquinas, pero saíu absolvido.

O tribunal considera probado que a marea negra xerou "inxentes" danos e prexuízos e tamén as graves consecuencias económicas da vertedura de fuel do Prestige, pero non as atribúe a ninguén porque para iso tería sido necesario que alguén tivese cometido un delito de danos.

Ao terse ditado sentenza condenatoria só por desobediencia, non se pode asociar os danos ao delito e, polo tanto, non se pode determinar quen é responsable civil e debe asumir as indemnizacións, que o fiscal cifraba en 4.328 millóns de euros.

Se queres ler toda a sentenza preme AQUÍ .

E esto é xustiza?

FONTE: elmundo.es

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.