ESPERTANDO VOCACIÓNS CIENTÍFICAS
Javier Santaolalla é Doutor en Física de partículas e enxeñeiro de telecomunicacións, traballou durante varios anos para o CERN (Consello Europeo para a Investigación Nuclear), o maior laboratorio de investigación en física de partículas do mundo. Actualmente, Santaolalla é un dos divulgadores científicos de referencia como membro do grupo "The Big Van Ciencia" e a través de dúas populares canles de Youtube: "Date un Voltio" e "Date un Vlog". Tamén é creador, xunto a outros compañeiros, do proxecto "Tolos pola ciencia", un programa de educación dirixido a mozas e profesores que busca espertar vocacións científicas, así como ofrecer claves didácticas aos docentes. No seu libro "Intelixencia física" explica as claves para aprender a pensar como un científico e asegura que “todos somos físicos en potencia. Levamos un físico dentro pero moitas veces non nos damos conta”.
0 comentarios