Blogia
vgomez

O PAPEL DA INTERNET NO FUTURO DA EDUCACIÓN



A historia da internet ensínanos o enorme potencial que ten interconectar a intelixencia humana de forma aberta” (Andreu Veà, Como creamos Internet, 2013). Sen dúbida, un dos grandes protagonistas desa historia é Vinton G. Cerf. Se Gutenberg revolucionou o mundo coa invención da imprenta no século XV, nos anos 70 do século XX Vinton Cerf e Bob Khan crearon os protocolos técnicos que fan posible que hoxe en día esteas a acceder a esta páxina, é dicir, os cimentos da internet e do mundo dixital que hoxe coñecemos. Cerf recibiu numerosos premios, entre os que destacan o Premio Turing das Ciencias da Computación en 2004 e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 2002 (compartido con Lawrence Roberts, Robert Kahn e Tim Berners-Le).

A paixón polo coñecemento deste enxeñeiro non ten límites. Aos seus 77 anos é vicepresidente mundial e Chief Internet Evangelist de Google. Doutor honoris causa por máis dunha decena de universidades, é ademais cofundador da internet Society, institución desde a que Cerf defende a neutralidade da Rede e mira con esperanza o crecemento de movementos tecnolóxicos e creativos que fomentan a difusión libre do coñecemento para miles de millóns de persoas de todo o mundo.

0 comentarios