Facebook Twitter Google +1     Admin

MAPA SOBRE A NATUREZA SALVAXE EN EUROPA

Publicado: 26/11/2013 08:59 por vgomez en ZONA VERDE
20131122130934-naturalezasalvaje01.jpg

Mapa sobre a natureza salvaxe en Europa / Imaxe: Universidad de Leeds

Un equipo de investigadores publicou en datas recentes o primeiro estudo e mapa sobre a natureza salvaxe en Europa, é dicir, os espazos naturais sen actividades humanas. Os seus autores sinalan que Europa protexe con reservas entre o 1% e o 2% da súa natureza salvaxe. Conservar estes espazos naturais ofrece gran cantidade de vantaxes ambientais e económicas a un baixo custo.

O primeiro mapa sobre a natureza salvaxe en Europa cuantifícaa nunha gradación cromática. Os países escandinavos e Islandia posúen a maior proporción. As zonas de montaña do sur de Europa, como os Pireneos, o Alpes ou os Cárpatos, tamén destacan. O resto de países aparecen en xeral cunha baixa proporción, debido, segundo un dos seus responsables, Steve Carver, director do Wildland Research Institute (WRI) da Universidade de Leeds (Reino Unido), aos usos intensivos da terra polos asentamentos humanos e a agricultura. Este experto explica que Europa protexe con reservas entre o 1% e o 2% da súa natureza salvaxe, se ben os expertos en conservación confían en que se incremente ata o 5% nos próximos 10-15 anos.

Sobre España, o WRI explica que o seu territorio peninsular posúe pequenas áreas de natureza salvaxe porque gran parte da súa paisaxe se modificou durante miles de anos. "Gran parte da biodiversidade de España e o resto de Europa desenvolveuse pola modificación humana da terra e, polo tanto, non debería quizais considerarse de todo natural". Non obstante, destaca que España ten unha gran vida salvaxe, que inclúe carnívoros superiores como osos, lobos e linces ibéricos, un dos felinos máis ameazados do mundo.

FONTE: Revista Consumer


Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.