Facebook Twitter Google +1     Admin
20131128133550-segundo-sistema-solar-koi-.jpg

Comparación do sistema planetario KOI-351 co noso Sistema Solar / Imaxe: DLR

Un equipo de astrofísicos do Centro Aeroespacial Alemán (DLR)  descubríu a 2.500 anos luz da Terra o sistema planetario máis extenso ata a data, coa excepción do noso propio. Sete planetas xiran arredor da estrela KOI -351, dispostos nun xeito similar aos oito mundos do Sistema Solar, con pequenos planetas rochosos preto da estrela nai e os gasosos xigantes a distancias maiores. Estes mundos móvense máis preto uns doutros que os do noso fogar cósmico, pero proporcionan unha interesante comparación.

Tres dos sete planetas en órbita arredor da estrela KOI -351y foran descubertos nos últimos anos, e teñen períodos de 331, 211 e 60 días, similares aos da Terra, Venus e Mercurio.

Os catro novos planetas achados están aínda máis preto da estrela e teñen períodos orbitais moi diferentes de 7, 9, 92 e 125 días. O planeta exterior orbita a estrela a unha distancia duns 150 millóns de quilómetros, ou aproximadamente unha Unidade Astronómica (UA), polo que todo o sistema planetario se comprime nun espazo correspondente á distancia entre a Terra e o Sol.

KOI -351b e 351c son pequenos, un 31% e 19% máis grandes que a Terra, respectivamente. No tempo que tarda o planeta b en completar cinco órbitas, o c completou catro. As lúas interiores de Xúpiter compórtanse de forma similar.

KOI- 351d conta cun período orbital de 60 días. O seu diámetro é 2,9 veces o da Terra. Polo tanto, é probable que sexa unha superterra ou un minineptuno. Como non se coñece a masa, aínda é posible clasificalo. Pola súa banda, o planeta e ten un tamaño parecido. Os astrónomos sabían que os planetas veciños en sistemas planetarios teñen tamaños similares, como acontece no Sistema Solar con Neptuno e Urano ou Venus e a Terra, pero esta é a primeira vez que foi observado en exoplanetas.

Os grandes xigantes gasosos KOI- 351gr e 351h (unhas 8 e 11 veces o diámetro da Terra) son planetas exteriores e teñen períodos orbitais longos (211 e 331 días). Isto recorda ao Sistema Solar, onde hai tamén catro planetas rochosos (Mercurio, Venus, a Terra e Marte ) e dous xigantes gasosos (Xúpiter e Saturno) con diámetros de 10 e 8 veces o da Terra.

A investigación foi publicada na revista Astrophysical Journal.

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.