Facebook Twitter Google +1     Admin
20140615205856-1402597137-872692-1402598022.jpg

Esqueleto do tiranosaurio rex exposto mo museo Field de Chicago / Richard T. Nowitz/Corbis

Os animais de sangue frío, como os réptiles, manteñen a súa temperatura corporal aproveitando a calor do ámbito; nos de sangue quente, como os mamíferos e as aves, é o seu metabolismo, o seu propio organismo, o que se encarga de conservar a nivel axeitado esa temperatura. Sobre os dinosauros vénse debatendo o asunto dende hai tempo porque, se se consideraba tradicionalmente que estarían entre os primeiros, os animais de sangue frío ou ectotermos, dende hai uns anos empezou a gañar terreo a teoría, en principio herética, de que serían de sangue quente, ou endotermos. Agora uns científicos que estudaron case 400 animais (uns extintos e outros actuais) conclúen que esa dicotomía ectotermos/endotermos é demasiado simplista e que os dinosauros estarían a metade de camiño, cun metabolismo intermedio entre o sangue quente e o sangue frío, como algunhas quenllas, atúns, ou grandes tartarugas mariñas, segundo afirman na revista  Science, na que presentan os seus resultados.

O asunto é importante porque os animais de sangue quente son máis activos, máis enerxéticos, cun crecemento rápido, fronte aos máis dependentes da enerxía captada do exterior, dos de sangue frío. Os dinosauros, están máis ben entre os mesotermos, animais que poden aumentar eles mesmos a súa temperatura corporal, pero non mantela sempre ao nivel axeitado, explicase en Science. A ectotermia, "require moita menos enerxía do ámbito; o animal non se pode alimentar en condicións de frío e ten unha capacidade limitada de manter moita actividade mesmo cando lle quenta o Sol. O enorme tiranosauro Rex, por exemplo, necesitaba tales cantidades de alimento para vivir, tanta enerxía para logralo, que como endoderma "probablemente tería morto de fame".

Non é tarefa doada determinar que metabolismo terían uns animais que existiron hai millóns de anos, se regulaban a calor corporal interna ou externamente. E a achega esencial deste estudo é o método que desenvolveron para iso, baseado non só na taxa de crecemento anual do animal, que queda reflectido nos ósos e, polo tanto, nos fósiles, senón nos patróns de desenvolvemento corporal a medida que o animal vai crecendo dende o nacemento ata converterse nun adulto. A inmensa maioría dos animais están na categoría dos enerxéticos endodermas, de crecemento rápido e alta taxa de metabolismo, ou na dos ectodermos, con ambos os dous factores baixos. Pero estes científicos encontraron tamén un puñado de especies (algunhas quenllas, atúns e réptiles como as grandes tartarugas mariñas) que parecen estar nesa situación intermedia como os dinosauros, apunta Balter, aínda que as taxas de crecemento destes varían entre unhas especies e outras.

O equipo investigador conxecturan que a mesotermia tería permitido aos dinosauros medrar moito en tamaño cun custo enerxético comparativamente baixo, apuntando que nun planeta máis cálido que agora, tampouco era necesario ser un animal completamente endoderma.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.