A SONDA HAYABUSA II LISTA PARA SAÍR AO ESPAZO
Proxecto xaponés Hayabusa II / JAXA
Unha nova e atrevida misión espacial está lista para partir ao encontro dun corpo do Sistema Solar, o asteroide 1999 JU 3 (descuberto en 1999 por LINEAL), unha rocha duns 920 metros. O obxectivo da sonda xaponesa Hayabusa II (Falcón Peregrino) é estudar de preto ese pequeno obxecto celeste cun sistema de minirrobots que despregará na súa superficie e mesmo tomar uns gramos de mostras alí para traelas á Terra e ser analizadas aquí.
A Hayabusa II está xa colocada na punta dun foguete H IIA, no centro espacial de Tanegashima, na illa do mesmo nome no sueste de Xapón, e o lanzamento estaba programado para onte, sábado. Pero as condicións meteorolóxicas adversas, previstas para o fin de semana, obrigaron a atrasar a partida e finalmente fixouse o lanzamento para hoxe, luns, 1 de decembro, ás 13.22, hora de Tokyo (as 21.22, hora peninsular española).
A Hayabusa II, unha misión da axencia espaza nipona JAXA coa colaboración de Alemaña e Francia, debe culminar coa chegada das mostras do asteroide a finais de 2020.
FONTE: Xornal El País/Ciencia
0 comentarios