A VOLTAS CON PLUTÓN
Xa pasaron case dous anos dende que a Unión Astronómica Internacional (UAI) determinou que Plutón non era un planeta senón un planeta anano. Agora un grupo de astrónomos da organización acuñou o termo de plutoide para chamar ao outrora noveno planeta.
Este mesmo grupo propuxo que a palabra sexa tamén usada para nomear aos pequenos corpos con forma de esfera que orbiten máis alá de Neptuno. O novo termo, non obstante, deberá ser aprobado pola unión, que se encarga de todos os nomes e clasificacións do sistema solar.
Nun comunicado da UAI define aos plutoides como aqueles corpos celestes que "teñen suficiente masa para gravitar por eles mesmos e lograr un corpo ríxido ata asumir un equilibrio hidrostático", que se traduce nunha forma case esférica. Tamén se indica que estes corpos no contan con órbitas libres de escombros.
O comunicado indica tamén que os dous plutoides coñecidos son Plutón e Eris, e que esperan a que se sumen corpos a esta subcategoría cando os descubrimentos científicos o permitan.
0 comentarios