Facebook Twitter Google +1     Admin
20141010195001-cienciaqueconta.jpeg.bmp

 

Gústache escribir? Si. Pois entón isto interésache!

O grupo DIVULGATIVA da Universidade de Vigo, convoca o 7º concurso de relatos curtos "Ciencia que conta", que ten como obxectivo contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galiza, fomentando a cultura científica.

A temática do concurso é de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade, nomeadamente a galega, e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

Participarás na categoría de Educación Secundaria e o prazo para o envío dos traballos remata o 15 de novembro de 2014.

Hai bos premios e como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría (en total sobre corenta) serán publicados nun libro.

Se estas interesado-a, aquí tes as bases do concurso. Preme AQUÍ.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next