Facebook Twitter Google +1     Admin
20141011105234-1412931102-118892-1412936311-noticia-fotograma.jpg

Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi / Imaxe: internacional.elpais.com  

 

O Premio Nobel da Paz deste ano 2014 foi compartido: outorgado a unha moza paquistaní de credo musulmán, Malala Yousafzai, e un indio de credo hindú, Kailash Satyarthi. Ambos os dous recibírono pola súa loita en contra da opresión infantil e a favor do dereito de todos os nenos á educación.

É un galardón que premia a súa coraxe, pois ambos os dous dan “unha mensaxe de esperanza aos mozos", en palabras do presidente do Comité Noruegués do Nobel.

Malala Yousafzai nacida en Mingora, Pakistán, en 1997 é coñecida polo seu activismo a favor dos dereitos civís, especialmente dos dereitos das mulleres no val do río Swat, onde o réxime talibán prohibira a asistencia á escola das nenas.

Kailash Satyarthi naceu en Vidisha (India) en 1954. É licenciado en enxeñaría eléctrica e activista na defensa dos dereitos dos nenos. Fundou a Bachpan Bachao Andolan en 1980 e actuou para protexer os dereitos de 80.000 nenos.

FONTE: 2Ominutos.es e wikipedia.or

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.