ÓSCAR HERTWIG, O PRIMEIRO HOME QUE OBSERVOU UNHA REPRODUCIÓN SEXUAL
								
				
				Sendo  un mozo e moi prometedor científico, recentemente licenciado en  medicina e terminada a súa tese doutoral, o alemán Óscar Hertwig decidiu  cambiar totalmente o punto de vista das súas investigacións. Foi así  como converteuse no primeiro home en ver de verdade unha reprodución sexual,  por completo e con todo detalle. Fíxoo observando ao microscopio  células de ourizos de mar. O seu descubrimento abriu o camiño ás  técnicas de fertilización e reprodución asistida, e tamén soubo ver o  papel do núcleo celular na transferencia da herdanza biolóxica, o que o  converteu ademais nun pioneiro da xenética.
Wilhelm August Óscar Hertwig (21 abril 1849 – 25 outubro 1922) fixo o seu gran descubrimento xusto  ao comezo dunha longa carreira científica, que o converteu nun eminente  zoólogo e estudoso da teoría da evolución. Naqueles inicios facía un  brillante dúo científico co seu irmán Richard, nacido un ano despois. Na  prestixiosa Universidade de Jena (Alemaña) os irmáns Hertwig pronto se  converteron nos máis brillantes discípulos do gran naturalista Ernst  Haeckel, quen os convenceu para deixar ao carón a química e dedicarse á  medicina.

Retrato de Oscar Hertwig realizado en 1906 / Nicola Perscheid
Rematados  os seus estudos, ambos os irmáns abandonaron a medicina e seguiron os  pasos de Haeckel, decididos a consolidar e ampliar a visión da zooloxía  que tiña o seu mestre. Trataban de entender o funcionamento dos animais,  dos seus corpos enteiros, a partir do estudo das súas células  individuais e do desenvolvemento dos seus embrións. Así, propuxéronse  resolver os misterios da reprodución sexual estudando as células  implicadas, nunha animal relativamente sinxelo como é o ourizo de mar.
Naquela  época xa se coñecía que os espermatozoides e o óvulo eran os  protagonistas da fertilización, pero había multitude de incógnitas sobre  os detalles de como prendía a faísca dunha nova vida. Como se xuntaban  ambos os tipos de células para dar lugar a un embrión? Había dúas  hipótese moi diferentes. As particulares características celulares dos  ourizos de mar permitiron a Óscar Hertwig observar o proceso claramente  ao  microsocopio e realizar o seu gran logro, que publicou en 1876: a fertilización prodúcese cando o espermatozoide penetra no óvulo e os seus núcleos fusiónanse, entre 5 e 10 minutos despois.
Ata  tal nivel de detalle puido ver Hertwig o momento álxido da reprodución  sexual que tamén descubriu que é un único espermatozoide o que fecunda o  óvulo, aínda que son moitos os que o tentan. Así, cando un  espermatozoide logra penetrar un óvulo, iste xera unha membrana que  impide a entrada de novos espermatozoides.
Óscar  Hertwig seguiu estudando a fertilización no interior do óvulo e  observou que a clave estaba no que sucedía cos cromosomas nese proceso.  Xa convertido en profesor de anatomía en Berlín, en 1888, el foi un dos  primeiros en ensinar que a base da herdanza biolóxica residía nos  cromosomas. Escribiu un libro de texto que se converteu na referencia  sobre o desenvolvemento biolóxico dos animais. E a súa gran intuición  levoulle a dar un paso máis aló, suxerindo que dentro do núcleo  hai unha substancia química que non só é responsable da fertilización  senón tamén da transmisión das características hereditarias.
Máis de medio século despois, xa falecido Hertwig, puido comprobarse tamén tiña razón nisto, cando en 1944 o experimento de Avery–MacLeod–McCarty demostrou que esa substancia responsable da herdanza biolóxica é un ácido nucleico, o ADN. Consagrado como unha eminencia científica, nos últimos anos da súa carreira Óscar Hertwig estudou profundamente a teoría da evolución e chegou á conclusión de que Darwin estaba equivocado na súa interpretación dos mecanismos evolutivos. O seu libro teórico máis importante é unha refutación das ideas de Charles Darwin sobre o azar (“Dás Werden der Organismen, eine Widerlegung der Darwinschen Zufallslehre”, 1916), que houbese contrariado ao seu mestre Haeckel, convencido darwinista. Pero as críticas de Hertwig serviron para estimular a outros científicos que lograron precisar e completar a teoría da evolución.
FONTE: Francisco Doménech/bbvaopenmind.com
0 comentarios