Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XX

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Radio. É un óso situado na parte lateral ou externa do antebrazo, paralelo ao cúbito. Pola súa morfoloxía, trátase dun óso longo, con forma de prisma e lixeiramente curvo. O seu extremo superior ou proximal, máis redondeado, conecta coa articulación do cóbado e o inferior ou distal, máis aplanado, coa articulación do pulso, no lado máis próximo ao polgar.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Cantos dentes ten un humano adulto?

- 20

- 28

- 32

- 34

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org         Imaxe: clinicadentalmontane.com

0 comentarios