Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS PEIXES? XV

Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.

A contestación correcta á pregunta de onte é a-4, b-3, c-1  e d-2. As escamas placoideas ou dermoepidérmicas son estruturas cónicas pequenas, parecidas a dentes das quenllas, están curvados cara ao extremo posterior do peixe. Na pulpa obsérvanse unhas canles que comunican a dentina máis interna coa pulpa viva. Atópanse nos peixes elasmobranquios como a quenlla. As escamas ganoides teñen unha capa de dentina en lugar de cosmina e unha capa de sal inorgánico chamada ganoina en lugar de vitrodentina. Atópanse en peixes como o Esturión. As escamas cicloides ou cicloideas son case redondas con bordos lisos, están lixeiramente calcificadas e adquiren unha disposición imbricada onde a epidermis préganse para rodealas. Un exemplo é o salmón. As escamas ctenoides teñen espiñas coas cales se ancoran na dérmis do animál, nunha disposición como as tellas nun Tellado como no caso da sardiña.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

15. Gastronomicamente clasificamos os peixes en blancos e azuis. Identifica:

- Bacallao

- Sardiña

- Anchoa

- Salmón

- Rodaballo

- Peixe sapo

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes:researchgate.net e belenciaga.es

0 comentarios