Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? III

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 20%. Pode resultar bastante contraintuitivo, pois os morcegos son animais nocturnos que polo xeral deixanse ver pouco. Non obstante os quirópteros representan aproximadamente un 20 % de todas as especies de mamíferos. Isto convérteos na segunda orde máis diverso desta clase, só superados polos roedores.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Tal como dixemos hoxe, un 20% non é unha cantidade nada despreciable, iso significa que de cada 5 mamíferos que atopamos no noso planeta, un deles é un morcego. Pero sabes cantas especies de morcegos existen no mundo?

- 85

- 580

- 1.100

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

0 comentarios