CANTO SABES DE CROACIA? XII
Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.
A contestación correcta á pregunta de onte é 8. A saber: Paklenica, Plitvička jezera (Lagos de Plitvice), Risnjak, Mljet, Kornati, Brijuni, o Parque Nacional Krka, e Sjeverni Velebit.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Cal é a relixión dominante en Croacia?
- Islamismo
- Cristianismo
- Xudaismo
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: experienciasviajeras.blog e masdiversity.com
0 comentarios