Blogia
vgomez

GRANDES CIENTÍFICAS NA SOMBRA IV: MARTHE GAUTIER

Continúo o percorrido pola ciencia do século XX que revela grandes descubrimentos realizados por mulleres, cuxos méritos non foron recoñecidos no seu momento: GRANDES CIENTÍFICAS NA SOMBRA.

A discriminación de xénero, a competitividade, o respecto ás xerarquías e o peso do coñecemento científico establecido xogaron en contra das ideas revolucionarias destas mulleres pioneiras.

Hoxe falaremos de Marthe Gautier, que a piques de cumplir 96 anos, segue loitando porque se recoñeza o seu papel no descubrimento da causa da síndrome de Down.

Marthe Gautier (Bourdeaux, Francia, 10 de setembro de 1925). Doutora médica, pediatra e investigadora francesa. A piques de cumprir 96 anos segue loitando para que se recoñeza o seu papel no descubrimento da causa da síndrome de Down. O tanto apuntouno Jérôme Lejeune, outro pediatra do seu equipo no Hospital Trousseau de Paris. Foi este grupo o que sen dúbida descubriu en 1959 que a síndrome de Down provócao un trantorno xenético, polo que os afectados teñen un cromosoma máis dos 46 que caracterizan o xenoma humano.

Marthe Gautier / Rodolphe Escher

 Lejeune figura como primeiro autor no artigo científico que difundiu o descubrimento, e Gautier aparece en segundo lugar. A partir de aí Lejeune continuou a súa carreira comoxenetista, estudando outras anomalías nos cromosomas. E creou unha fundación, que desde 1970 comezou a promovelo como único autor do descubrimento. Jérôme Lejeune (1926–1994) aspiraba a recibir o premio Nobel e cría que non llo concederon principalmente pola súa activa posición como antiabortista.

A versión de Gautier é diferente. A investigadora francesa sostén que foi ela quen apuntou cara á existencia dun cromosoma número 47, pero non puido atopalo porque o seu microscopio non era suficientemente potente. Así que pasoulle as súas mostras a Lejeune, quen puido ver o cromosoma extra e fotografalo nun laboratorio mellor equipado.

As persoas con trisomía 21 teñen un cromosoma 21 extra / Imaxe derivada de Female Karyotype, Hey Paul Studios/genotipia.com

Segundo Gautier, o seu colega xa se atribuíra o mérito do descubrimento nun congreso celebrado en Montreal (Canadá) en 1958 e deixouna completamente de lado na redacción do artigo publicado en 1959. A controversia segue viva nos tribunais. En xaneiro de 2014, Marthe Gautier ía recibir nun congreso o recoñecemento da Federación Francesa de Xenética Humana pero a Fundación Lejeune acudiu aos tribunais e a intervención de Gautier foi cancelada.

FONTE: bbvaopenmind.com/ventana al conocimiento

0 comentarios