SAMUEL HAHNEMANN
Samuel Hahnemann / Imaxe:awaken.com
Christian Friedrich Samuel Hahnemann naceu o 10 de abril de 1755 en Meissen (Alemaña). Destacado estudante que chegou a dominar sete linguas á perfección: alemán, inglés, francés, italiano, grego, hebreo, latín e árabe. Cara ao fin da súa adolescencia, desenvolveu un forte interese polas ciencias. Cursou estudos de Medicina e Química, obtendo o título en 1777 na Universidade de Leipzig.
En 1782, á idade de 27 anos, casouse con Johanna Henriette Kucher, tendo 11 fillos. En 1789 desilusionado da medicina da súa época, que non puidera salvar a vida de dous dos seus fillos, abandonou a profesión, dedicándose á química e á tradución. Nunha das súas traducións leu un parágrafo que o fixo pensar que a lei da Semellanza podía ter a explicación da eficacia dalgúns medicamentos.
En 1792 comezou a experimentar con substancias, primeiro nel mesmo, logo nos seus familiares e discípulos e finalmente en persoas voluntarias. Para que estas substancias non fosen tóxicas, diluíunas e axitounas nun procedemento chamado dinamización, que revelou novas propiedades dos compoñentes. No ano 1796 crea a Homeopatía, método terapéutico baseado no principio de que a enfermidade se pode curar mediante fármacos que producen nunha persoa sa os mesmos efectos patolóxicos que son sintomáticos da enfermidade.
Samuel Hahnemann definiu a enfermidade como "un defecto da saúde". Os boticarios non perderon o seu tempo, e acusarono a de "avasalar os seus privilexios de dispendio de medicinas" polo que foi arrestado en Leipzig en 1820, encontrado culpable e obrigado a abandonar a cidade. Viaxou a Kothen, onde obtivo un permiso especial para practicar e preparar os seus propios medicamentos outorgado polo gran duque Ferdinand, un dos tantos representantes da realeza europea que apoiaban á Homeopatía. As súas obras máis destacadas son: “Organon da arte de curar”, “Tratado de materia médica pura e Natureza” e “Tratamento das enfermidades crónicas”.
Samuel Hahnemann faleceu en París o 2 de xullo de 1843.
0 comentarios