KINGDOM TOWER: A TORRE MÁIS ALTA DO MUNDO

Imaxe do rañaceos Kingdom Tower na cidade de Jeddah, Arabia Saudí / AS+ GG
Kingdom Tower, o que será o edificio máis alto do mundo iniciou a súa fase de construción. O 27 de abril empezouse a traballar sobre chan, na cidade de Jeddah (Arabia Saudí), tras varios meses de probas e traballos de preparación. A obra, dirixida polo arquitecto estadounidense Adrian Smith, está prevista que finalice no 2018, aínda que a data exacta dependerá da evolución do proxecto.
A torre, cuxo prezo estimado é de case 900 millóns de euros, superará o record do edificio máis alto do mundo ao alcanzar os 1.000 metros de altura. Actualmente, ostenta esta posición o rañaceos Burj Khalifa (Dubái), con 827 metros.
O rañaceos, de máis de 500.000 metros cadrados, contará con 107 pisos que darán cabida a oficinas, apartamentos residenciais e un hotel. O edificio contará con 59 ascensores e 12 escaleiras mecánicas. Ademais, dispoñerá dun observatorio para poder divisar as espectaculares vistas cara ao Mar Vermello, así como dunha terraza no ceo.
FONTE: Xornal El Mundo/Arquitectura
0 comentarios