DESMONTANDO OS MITOS MÁIS PERSISTENTES SOBRE ANIMAIS (IX)
Continúo coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.
Mito 9: Cando os camaleóns cambian de cor fano para camuflarse
Os camaleóms poden cambiar a cor da súa pel, diso non hai dúbida, e en ocasións, confundirse coa contorna ata volverse case invisibles. Pero esa non é a razón pola que o fan, ou polo menos, non a principal.
Convén facer aquí algunhas precisións sobre estes animais: primeiro, a gama de cores que teñen á súa disposición é limitada, non poden adoptar calquera tonalidade, e menos aínda debuxos complicados (calquera imaxe que vísemos nese sentido é falsa); segundo, no seu hábitat natural xa custa bastante distinguilos sen que se camuflen, pois a súa cor normal confúndese eficazmente coa natureza; e terceiro, en ocasións cambian de cor non para esconderse, senón, moi ao contrario, para destacar todo o posible, dentro das súas posibilidades.
O motivo desta última actitude é o máis vello do mundo: aparearse. As habituais loitas entre machos, que noutros animais son especialmente violentas, nos camaleóns danse utilizando a capacidade de colorearse como principal munición. Pénsase que as cores máis brillantes son para atraer a atención da femia e que os máis escuros son para disuadir a outros machos competidores.
Outro motivo que provoca os cambios de cor é a súa temperatura corporal: se o animal ten frío, adoptará un ton escuro para absorber máis sol, e se ten calor, un claro que o reflicta.
Continuará!
FONTE: Vicente Fernández de Bobadilla/muyinteresante.com
0 comentarios