Onte, martes 14 de febreiro, foi o día de San Valentín, é a data do ano reservada para os máis románticos e románticas. Sen dúbida, e aínda que poida sorprender, quen ten moito que dicir na materia son vos animais mariños. Grandes expertos dás declaracións amorosas, con grandes corazóns —mesmo varios—, son capaces de nadar miles de quilómetros para visitar a súa parella. Por mor dese día, a Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA) dos Estados Unidos publicou unha lista dos animais acuáticos máis adorables que conseguen atopar o amor no océano azul.
O corazón máis grande
O corazón máis grande do planeta é o da balea azul (Balaenoptera musculus). Pesa máis de 450 quilos, o que quere dicir que é tan grande como unha vaca.
Tres corazóns
O único animal que pode competir coa balea falando de corazóns é o polbo, xa que ten nada máis e nada menos que tres. Dous deles bombean sangue ás branquias, recollendo oxíxeno para que o polbo poida respirar, mentres que o terceiro corazón circula a sangue oxixenada polo resto do corpo.
Amor a distancia
Quen mellor coñece as relacións a distancia é a tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea), a especie que realiza as migracións máis longas entre as áreas de cría e alimentación cun promedio de 6.000 quilómetros en cada sentido.
Xuntos mellor
Os peixes sapo de augas profundas buscan durante toda a súa vida unha femia á que aferrarse fisicamente, e unha vez aque a atopan, mórdena e fusionan o seu corpor co dela. Posteriormente, o macho proporciona esperma á femia para fertilizar os seus óvulos e a femia proporciónalle nutrientes. Sen dúbida, unha relación é cousa de dous.
Balada romántica
A música sempre foi un medio para declarar o amor ao teu crush. As baleas xibardo (Megaptera novaeangliae) “cantan” cancións complexas para atraer a un posible compañeiro. All you need is love, Love is in the air ou o cántico dunha balea xibardo son sons que lle pouideron pasar onte á túa parella en sinal de amor. Sen dúbida, hai sentimentos que non se poden expresar con palabras.
0 comentarios