CANTO SABES SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA? XVI
Continúo coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.
A contestación correcta á pregunta de onte é Porque hai que renovalo cada 5 anos. A constitución no artigo 122, apartados 2 e 3 establece: O Consello Xeral do Poder Xudicial é o órgano de goberno do mesmo. A lei orgánica establecerá o seu estatuto e o réxime de incompatibilidades dos seus membros e as súas funcións, en particular en materia de nomeamentos, ascensos, inspección e réxime disciplinario. O Consello Xeral do Poder Xudicial estará integrado polo Presidente do Tribunal Supremo, que o presidirá, e por vinte membros nomeados polo Rey por un período de cinco anos. Destes, doce entre Xuíces e Maxistrados de todas as categorías xudiciais, nos termos que estableza a lei orgánica; catro a proposta do Congreso dos Deputados, e catro a proposta do Senado, elixidos en ambos os casos por maioría de tres quintos dos seus membros, entre avogados e outros xuristas, todos eles de recoñecida competencia e con máis de quince anos de exercicio na súa profesión. Esta anomalía de non renovación está dende o 4 de decembro de 2018.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
16. Antes da Constitución actual (1978), cantas Constitucións tivo o noso país?
- 3
- 5
- 6
- 8
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Adaptación propia da idea orixinal antena3.com Imaxe: maitearte.wordpress.com
0 comentarios