Facebook Twitter Google +1     Admin
20141009163751-van-einstein.jpg

 

The Big Van Theory demostra que a ciencia tamén pode ser divertida. E non, iso de Van non é unha errata, non falamos de televisión, falamos de cómicos. Son os "científicos sobre rodas" que se botaron á estrada para facer divulgación científica dun xeito moi diferente á habitual. Non máis publicacións con termos indescifrables que ninguén entende. Para estes investigadores a ciencia é para todos, así que utilizan "o humor como accesorio", como unha linguaxe universal que é capaz de chegar a todas as persoas.

Con iso de ser científicos de día e monologuistas de noite calquera preguntaríase se estes investigadores teñen tempo para durmir, pero, "por sorte", son 12 integrantes e fan quendas para as xiras. Ademais, contan co apoio dos seus xefes, que "entenden a importancia do labor de divulgación".

Para estes investigadores, a divulgación é "unha obriga", pois senten a necesidade de ensinar ás persoas en que inverten os seus impostos, "porque, aínda que a xente non se decata da súa importancia, a ciencia é un dos motores da economía".

No vídeo superior tedes unha das súas actuacións!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.