Facebook Twitter Google +1     Admin
20141028153433-black-hole-eats-away-a-star.jpg

O burato negro empezara xa a “devorar” a estrela cando ela logrou liberarse / Ohio State University

 

Un equipo internacional de astrónomos foi testemuña directa dun acontecemento raro e excepcional: a "fuga" dunha estrela que fora capturada por un enorme burato negro. De feito, o burato negro empezara xa a "devorar" a estrela cando esta conseguiu liberarse.

Normalmente, pensamos nos buratos negros como en enormes "depredadores espaciais" capaces de engulir estrelas enteiras (ou calquera outra cousa que se poña a tiro da súa inmensa gravidade). Non obstante, nalgunhas ocasións unha estrela xa "mordida" por un burato negro logra escapar aínda que, iso si, tras perder unha substanciosa porción da súa masa. Neste caso, a "dentada" sufrida pola estrela tiña unha masa equivalente á do planeta Júpiter.

A estrela en cuestión encóntrase a uns 650 millóns de anos luz de distancia, na dirección da Osa Maior. Pero os astrónomos do Ohio State University que realizaron a observación non puideron ver directamente a estrela, senón a luz emitida cando o burato negro empezaba a devorar a presa que había caputado. A observación foi realizada coa rede de telescopios All-Sky Automated Survey for Supernovae (ASAS-SN).

Nun artigo que se publica en Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, os investigadores revelan que a estrela e o burato negro atópanse nunha galaxia que está fóra do recén bautizado supercúmulo de Laniakea, do que a nosa galaxia, a Vía Láctea, forma parte.

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.