Facebook Twitter Google +1     Admin
20141129125103-0refrig.jpg

Prototipo / Imaxe:vozpopuli.com 

Científicos da Universidade de Stanford acaban de presentar na revista Nature o prototipo dun material que podería arrefriar edificios, ao reflectir o 97% da luz solar e trasladar ao exterior a radiación infravermella que se acumula no interior. Os seus creadores cren que no futuro podería substituír ao aire acondicionado tradicional, ou polo menos reducir o seu uso de xeito moi significativo.

Trátase dun modesto aparato, de 20 centímetros de diámetro, sobre un panel reflectante-, que tamén podería usarse nos coches e que está composto de varias capas ultrafinas dun material que por un lado reflicte a luz que chega á súa superficie e por outra traslada ao exterior a calor (radiación infravermella) do interior do edificio.

Esta lámina composta de sete capas de dióxido de silicio e óxido de hafnio, sobre unha capa de prata, ten un grosor menor que a máis delgada lámina de aluminio. Os seus creadores cren que con máis desenvolvemento, a tecnoloxía podería estar dispoñible en cinco anos e masificarse con baixos custos de instalación.

FONTE: Xorna El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.