Facebook Twitter Google +1     Admin
20150102154752-plastic-bag.jpg

Plástico no mar / Imaxe:elperromorao.com

Os mares e océanos convertéronse nun gran vertedoiro. Recentes estudos estiman que 270.000 toneladas de plásticos, uns cinco billóns de anacos de todos os tamaños, flotan por todo o mundo. Necesitaríanse, aseguran os investigadores de 5Gyres Institute, 11.000 camións de transporte para retirar todos os residuos plásticos dos mares. Aínda así, os expertos sempre consideraron que estas cifras non eran as esperadas, tendo en conta a inxente cantidade de residuos que xera o ser humano. Un estudo, dirixido pola universidade de Plymouth e publicado pola Royal Society Open Science, revela que mesmo nas partes máis profundas e remotas do océano, se pode encontrar a pegada contaminante da actividade humana.

Segundo este estudo, nalgúns fondos mariños poden encontrarse ata 4.000 millóns de fibras microscópicas de plástico por cada quilómetro cadrado. Unha concentración catro veces maior que nas augas pouco profundas e costeiras. De feito, estes datos, resolven parte das dúbidas que tiñan os científicos, xa que estudos recentes mostraban que a abundancia de plásticos flotando na superficie do océano era menor da esperado. Algo non cadraba. Onde estaba todo o plástico que ía parar aos océanos? Os resultados do estudo revelan a gran concentración de plástico nos fondos mariños; pódense encontrar dende 1,4 ata 40 mostras (de entre 2 e 3 milímetros de lonxitude) por cada 50 mililitros de sedimentos. E en proporción, o raión, nun 56,9%, é o composto máis encontrado. O resto: poliéster, poliamidas, acetato e acrílico.

O lixo mariño, especialmente o plástico, é un grave problema ambiental que afecta aos ecosistemas mariños. Segundo os cálculos dos investigadores que realizaron o estudo, para o que analizaron mostras de sedimentos e corais profundas recollidas en 16 puntos de mostraxe no Mediterráneo, o Atlántico nororiental, o Ártico e o Índico meridional, a área no que se concentra a maior cantidade de plásticos, abrangue máis de 300 millóns de quilómetros cadrados de superficie (o océano Pacífico ocupa 165 millóns).

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.