Blogia
vgomez

QUE ANIMAL É?

QUE ANIMAL É?
Ese animal que aparece na imaxe aupeior é un cachorro de tapir amazónico (Tapirus terrestri). Trátase dun mamífero fascinante que leva sobre a terra máis de 50 millóns de anos, por iso hai quen di que é un fósil vivente. As franxas de cores que percorren a súa pelame perderaas cando sexa adulto e poida defenderse só, pero polo momento serviranlle para camuflarse na selva e esquivar aos seus depredadores.

Tapir adulto
O tapir é único no seu xénero e, aínda que non cho pareza, está emparentado co cabalo e o rinoceronte. De feito, é o mamífero nativo máis grande de Sudamérica. O seu fuciño é parecido á trompa dos elefantes, permítelle arrincar as follas das árbores e as matogueiras, e cando se mergulla utilízao para respirar coma se fose o esnórquel dun mergullador.

É un animal que aínda non está en perigo de extinción, pero que a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) clasifícao como vulnerable. En Arxentina está considerado un monumento natural e en Belice é un símbolo nacional.

FONTE: wikipedia.org

0 comentarios