Blogia
vgomez

OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO (VIII)

Continúo coa serie 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle a...

8. Nauru

Un estado de Micronesia, situado no océano Pacífico central, que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador.

Superficie: 21,3 km2                Poboación: 12.704 (2018)

Capital e cidade máis poboada: Yaren   

Idiomas oficiais: Mauruano e Inglés

Forma de gobernó: República Parlamentaria

Moeda: AU$ (Dólar australiano)

A beleza da illa de Nauru reside na espectacularidade das súas costas, onde as aves mariñas abalánzanse sobre verdes cantís e contémplase o mar en toda a súa grandeza, sobre todo á tardiña. A pesar de atesourar tantos atractivos naturais, nunca foi un destino turístico. A historia desta república de Micronesia foi un tanto  errática. Durante un século, os poucos miles de habitantes da illa saíron adiante grazas á exportación dun recurso insólito: as deposiciones dos morcegos, que son en realidade unha mina de fosfatos. O nivel de vida da súa poboación chegou a ser moi alto, vivían ben dos depósitos de guano, pero de súpeto, en 2002, esgotáronse ditas reservas e o goberno foise á quebra. Chegou a pobreza, e hoxe apenas ven cargueiros e o traballo é escaso. A súa esperanza pode estar na chegada do turismo porque na costa abundan as  oportuni­dades para nadar e mergullar ou contemplar unha marabillosa posta de sol sobre os cocoteiros. O interior é outra cousa: unha arrepiante paisaxe de pinácu­os calizos deforestados por culpa da  explotación de  fosfato. Este país ten, ademais, unha ameaza latente: que acabe sendo engulido pola subida do nivel do mar debido ao cambio climático, para o que xa existen plans de evacuación da poboación cara a outros países.

FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org

0 comentarios