Blogia
vgomez

CANIBALISMO NO UNIVERSO

CANIBALISMO NO UNIVERSO

Devorador de estrelas / Imaxe: IAC

O canibalismo tamén existe no universo. Non só hai galaxias que se comen a outras (e como exemplo está a nosa, que leva millóns de anos dixerindo a unha máis pequena xusto no lado oposto de onde nos atopamos), senón tamén as estrelas.

Iso pásalle á pobre estrela que acompaña a un burato negro que viaxa a gran velocidade pola galaxia, a 145 km/s respecto de nós. O obxecto chámase XTE J1118+480 e foi descuberto polo satélite de raios X Rossi en marzo de 2000. Atópase xusto encima o noso (respecto ao plano galáctico) e moi preto, a tan só 6.000 anos-luz.

É posible que este burato negro fose "expulsado" fai 7.000 millóns de anos dun dos moitos cúmulos globulares estelares que forman un halo esférico ao redor da nosa galaxia e que se supón que apareceron durante as primeiras épocas de formación da Vía Láctea. Cunha masa dunhas sete veces a do Sol, antes de comezar a súa viaxe o taimado buraco negro "secuestrou" a unha das estrelas do cúmulo.

E coma se tratásese dun snack para o longo camiño, foi coméndolla aos poucos. Pero esa bolsa de patacas fritas estelar está próxima a terminarse: á pobre estrela só quedan as capas internas pois o resto xa o devorou o seu raptor.

Agora os astrónomos pregúntanse onde hai máis destes "caníbales", que estiman en centenares de miles.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

0 comentarios