CENTRO AMBIENTAL
Polo interes da noticia, reprodúcese a que publica ANABAM na súa páxina www.anabam.org e na que se dá conta pa posibilidade da creación dun Centro Ambiental preto da Armona.
Sen dúbida unha gran noticia para todos e todas e da que esperamos quitar partido profesorado, alumnado e público en xeral, non só de A Guarda, senón de toda Galicia.
As nosas felicidades a ANABAM por esta consecución.
De esquerda á dereita: Agustín Ferreira, en representación de ANABAM; Emilio Alonso, axente de M.A. que desempeña seu labor na comarca; Rafael Álvarez, Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos; J.Manuel Araújo, técnico da Consellería de M.A.
O venres 15 de maio pasado, tiña lugar na Casa do Pobo da Entidade Local Menor de Camposancos, unha xuntanza a tres bandas (Representante desta Entidade Local; representantes da Consellería de M.A. e presidente de ANABAM) para tratar o tema da posible construción dun Centro Ambiental no Esteiro do Miño. Este centro é unha vella aspiración de ANABAM que leva varios anos xestionando, diante da Consellería de M.A., a súa construción. Parece que agora a cousa marcha xa por bó camiño e mesmo xa hai unha empresa da localidade encargada da construción do centro.
A zona elixida para a súa ubicación é a mesma que xa cedera a Entidade Local no ano 2004 para este fin, ou sexa na Armona, nas inmediacións da zona coñecida como "A Noria", nun piñeiral cuxos terreos son propiedade da citada entidade. A zona foi elixida por ANABAM tendo en conta, entre outros, os seguintes puntos:
-a/ Pola dispoñibilidade da Entidade Local de Camposancos a ceder unha parcela, previo convenio con Medio Ambiente, para a ubicación do centro.
-b/ Por atoparse fronte a unha das áreas ornitolóxicas máis importantes do Esteiro do Miño, cumprindo deste xeito un dos requisitos que tiñamos en mente: poder observar dende ela as aves e ampliar as infraestructuras e posibilidades de Educación Ambiental.
-c/ Por ter un acceso doado e ser unha zona de paso habitual de persoas.
-d/ Para facilitar a observación e obtención de información desta área aos afeccionados e usuarios, potenciando, se cabe, aínda máis os seus valores.
-Por ser un terreo con certa altura sobre o leito do río dende o que se pode dominar e observar perfectamente a zona ornitolóxica.
O centro, será de planta baixa e construído de madeira. Está previsto que conte cunha sa para exposicións, duns cen metros cadrados, un pequeno almacén e servizos adaptados para minusválidos. De cumprirse cos prazos previstos, ANABAM podería celebrar os seus 25 anos de existencia inaugurando este Centro Ambiental polo que leva traballando dende hai varios anos.
A frecha indica a zona onde está prevista a construción do centro ambiental. fronte ao lameiro da Armona, entre a praia da Lamiña e o Codesal.
0 comentarios