Blogia
vgomez

UNHA RA QUE NON PON OVOS E PARE AOS SEUS CÁGADOS

UNHA RA QUE NON PON OVOS E PARE AOS SEUS CÁGADOS

Ra Limnonectes larvaepartus e os cágados despois de parilos / Imaxe: plosone.org

O herpétólogo (que se adica ao estudo de réptiles e anfibios) Jim McGuire, da Universidade de California Berkeley, observou a primeira proba directa dunha ra que dá a luz a cágados en lugar de poñer ovos. A nova especie foi descuberta hai unhas décadas na Isla de Sulawesi (Indonesia). Especulárase con que daba a luz directa os cágados, aínda que nunca se observara nin o apareamento da ra nin o “parto”.

McGuire e Ben Evans, da Universidade McMaster en Ontario, Canadá, nomearon á especie Limnonectes larvaepartus e descríbena na revista PLoS ONE.

As ras desenvolveron unha sorprendente variedade de métodos reprodutivos. En efecto, a maioría das ras machas fertiliza os ovos despois de que a femia os pon. Pero ao redor dunha ducia de especies, incluíndo as ras con cola de California, desenvolveron formas para fertilizar os ovos dentro do corpo da femia.

Non obstante, os mecanismos da fertilización interna son pouco coñecidos menos en dúas especies de ras con cola de California, unhas das cales desenvolveu unha especie de pene en forma de cola que facilita a transferencia de esperma. As ras con cola depositan os seus ovos fertilizados debaixo das pedras nos regueiros, pero outras ras con fertilización interna dan a luz ranitas, réplicas en miniatura dos adultos.

Aínda que a fecundación interna é extremadamente rara entre ras, hai moitas outras variacións reprodutivos estrañas. Algunhas ras levan ovos en bolsas nas costas, cágados en bolsas, ou cágados transportados en buratos nas costas. As dúas especies coñecidas de ras de incubación gástrica, xa extinguidas, eran famosas por tragar os seus ovos fertilizados, que se desenvolvían no seu estómago, e daban a luz ranitas pola boca. Dous xéneros en África tamén participan na fertilización interna e dan a luz ranitas sen pasar por unha etapa de cágado de vida libre.

As ras con cairos (chamadas así por dous apéndices como cairos da mandíbula inferior que utilizan na loita) puideron evolucionar nun máximo de 25 especies en Sulawesi, aínda que L. larvaepartus é só a cuarta en ser descrita formalmente. Cun peso que oscila de 2-3 gramos a 900 gramos, L. larvaepartus está no rango de 5-6 gramos.

A nova especie parece preferir dar a luz os cágados en pequenos charcos ou lonxe das correntes, posiblemente para evitar as ras con cairos máis pesadas. Existe algunha evidencia de que os machos tamén poden protexer os cágados.

McGuire encontrou por primeira vez a ra recén descrita en 1998, ano en que comezou a estudar a incrible diversidade de réptiles e anfibios en Sulawesi, unha illa ao leste de Borneo e o sur das Filipinas. A illa é unha mestura xeográfica, despois de formarse a partir da fusión de varias illas hai uns 8-10 millóns de anos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios