SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XIV

A solución á proposta do día anterior é Gregor Mendel (1822-1884). Foi un monxe agostiño católico e naturalista quen formulou as hoxe coñecidas como Leis de Mendel, nas cales se atopa a orixe da Teoría da Herdanza Xenética.
E imos coa proposta de hoxe!
14. O seu descubrimento é un dos que máis vidas salvou na historia da humanidade...
- Alexander Fleming
- Carlos Juan Finlay
- Robert Koch
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es
0 comentarios