Facebook Twitter Google +1     Admin

GLÓBULO COMETARIO CG4

Publicado: 02/02/2015 08:03 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20150129184800-eso1503a.jpg

Imaxe do glóbulo cometario CG4 obtida co VLT (Very Large Telescope) / ESO

Como a boca aberta dunha xigantesca criatura celeste, o glóbulo cometario CG4 brilla nunha nova imaxe do VLT (Very Large Telescope) da ESO (Observatorio Europeo Austral).

Aínda que na fotografía parece grande e brillante, en realidade trátase dunha nebulosa débil, o cal dificulta a súa localización por parte dos astrónomos afeccionados. A natureza exacta de CG4 segue sendo un misterio.

O obxecto, tamén coñecido como a "man de Deus", atópase a uns 1.300 anos luz da Terra, na constelación de Puppis. A súa parte visible, que corresponde a cabeza do glóbulo, ten un diámetro de 1,5 anos luz, e a súa cola, que non se aprecia, ten oito anos luz de longo. Trátase dunha nube pequena para estándares astronómicos, algo característico dos glóbulos cometarios.Grazas á iluminación pola luz das estrelas próximas, pódese observar que a parte superior está formada por unha espesa nube de gas e po.

A forma diferente que teñen os glóbulos cometarios segue sendo un tema de debate entre os astrónomos. Uns defenden que estes puideron ser originalmente nebulosas esféricas cuxa formación foi interrompida, adquirindo a súa nova e inusual forma debido aos efectos da explosión dunha supernova próxima. Outros, que os glóbulos cometarios adquiren esa forma debido aos ventos estelares e á radiación ionizante proveniente das quentes estrelas masivas de tipo OB (asociación estrela espectrais O e temprerás B).

Para saber máis, os astrónomos necesitan pescudar a masa, densidad, temperatura e velocidades do material que se atopa nos glóbulos a través da medición das liñas espectrales moleculares.

Esta imaxe forma parte do programa Xoias cósmicas da ESO, unha iniciativa de divulgación que produce imaxes de obxectos interesantes, enigmáticos ou visualmente atractivos utilizando telescopios da ESO.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.