Blogia
vgomez

ERUPCIÓN DO VOLCÁN VILLARICA

ERUPCIÓN DO VOLCÁN VILLARICA

 

A erupción do volcán Villarrica, nos Andes meridionais, provocou onte que as autoridades chilenas elevasen a vermello a alerta en varias zonas do sur do país. O Servizo Nacional de Xeoloxía e Minaría avisou ás 03.00 da madrugada hora local (07.00 hora española) da explosión deste volcán, despois de que a actividade sísmica crecese durante as últimas semanas. O volcán emite unha columna de cinzas e lava que alcanzou alturas próximas aos tres quilómetros, aínda que a súa actividade comezou a diminuír a primeira hora da mañá.

As comunas de Villarrica, Pucón e Curarrehue na Rexión de La Araucanía e a comuna de Panguipulli na Rexión de Los Ríos, todas zonas moi turísticas de Chile, manteñen a alerta vermella e 3.600 persoas foron evacuadas de xeito preventivo por posibles aluvións de lava. O perigo agora son os deslizamentos do desxeo do cono volcánico.

O volcán Villarrica é un dos máis activos de Sudamérica e posúe unha forma cónica case perfecta. É clasificado como estratovolcán e conta cunha altitude de 2847 msnm (2450 m contando dende a base). Está situado no límite das provincias de Cautín (Rexión da Araucanía) e Valdivia (Rexión de Los Ríos), entre os lagos Villarrica e Calafquén.

FONTE: Xornal El País/Materia/Ciencia

0 comentarios