PROVERBIOS, CONTOS, LENDAS, ADIVIÑAS, REFRÁNS E OUTRAS COUSAS
Iniciamos un novo TEMA, fundamentalmente adicado á cultura popular galega, na súa maioría con relación ao medio natural, que pretende recuperar e lembrar cousas do pasado pero aínda vixentes. Todas estarán baixo o título OUTRAS COUSAS.
Para comenzar un PROVERBIO (que é unha sentenza ou refrán que contén un consello ou unha ensinaza moral).
Non digas todo o que sabes,
porque o que di todo o que sabe,
moitas veces di o que non convén.
Non fagas todo o que poidas,
porque o que fai todo o que pode,
moitas veces fai o que non debe.
Non creas todo o que escoites,
pois o que cre todo o que escoita
moitas veces xuzga o que non ve.
Non gastes todo o que tes,
porque o que gasta todo o que ten,
moitas veces gasta o que non pode.
Anónimo
Merece a pena pararse un chisco a pensar o que di!
0 comentarios