COMO É POSIBLE QUE AO PRENDER LUME A UN BILLETE ESTE NON ARDA?
Volvo con novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.
Hoxe, na sección de física, Javier Santaolalla Camino, físico, enxeñeiro e doutor en física de partículas, fálanos de como é posible que, ao prender lume a un billete, este non arda? A clave deste truco é mollar o billete nunha solución de alcohol e auga. Ao ser o alcol o que se consome, o billete, protexido pola auga, non sae ardendo.
Curioso!
FONTE: rtve
0 comentarios