Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE EUROPA XXI

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1985. As aspiracións de España por lograr a súa incorporación ás Comunidades Europeas cobraron novo impulso coa chegada da democracia e, con tal propósito, España solicitou a súa adhesión o 26 de xullo de 1977. Esta aspiración española viuse satisfeita o 12 de xuño de 1985, coa firma do Tratado de Adhesión en Madrid e a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 1986.Tres anos e medio despois da súa adhesión, en xuño de 1989, España incorporou a súa divisa nacional ao Mecanismo de Cambios do Sistema Monetario Europeo, xa instaurado por Francia, Italia, Dinamarca, Países Baixos e Luxemburgo desde 1979. Así, en 1995, acordouse en Madrid a denominación de "euro" para a moeda común europea, cuxa implantación na sociedade civil produciuse exitosamente a partir de xaneiro de 2002.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

21. A que países pertences estas moedas?

1. Austria

2. Francia

3. Finlandia

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: ecb.europa.eu/euro

0 comentarios