Blogia
vgomez

PREDICIÓN: NOVA IDADE DE XEO NO 2030-2040

PREDICIÓN: NOVA IDADE DE XEO NO 2030-2040

O Sol, nunha imaxe do Soar Dynamics Observatory, da NASA o pasado 15 de Xullo / Imaxe:NASA

A noticia causou impacto entre climatólogos de todo o mundo. E non é para menos. Un grupo internacional de investigadores da Univesidad de Northumbria, acaba de revelar, durante o Encontro Nacional de Astronomía en Llandudno, en Gales, que estamos a punto de experimentar unha nova "Pequena Idade de Xeo" similar á que conxelou unha boa parte do mundo durante o século XVII e principios do XVIII. Será entre 2030 e 2040.

Como é sabido, o campo magnético do Sol varía ao longo do tempo. E estas variacións magnéticas na ardente atmosfera solar teñen unha influencia directa na radiación electromagnética que emite o astro rei, así como na intensidade dos seus fluxos de plasma e no número de manchas na súa superficie. A variación na cantidade de manchas solares ten unha estrutura cíclica, con máximos que se producen cada once anos e que teñen efectos concretos sobre o medioambiente da Terra. Eses efectos poden medirse observando a presenza de certos isótopos (como o carbono 14 ou o berilio 10) en glaciares ou nas árbores.

Pero existen numerosos ciclos diferentes que se repiten unha e outra vez, con diferentes períodos e propiedades, aínda que os mellor coñecidos son os de once e noventa anos. O primeiro maniféstase cunha redución periódica de manchas sobre a superficie solar. E a súa variante de 90 anos asóciase coa redución periódica no número de manchas en determinados ciclos de once anos.

No século XVII produciuse un prolongado período de calma, chamado "o Mínimo de Maunder", que se estendeu dende 1645 a 1700 e durante o cal as manchas solares practicamente desapareceron por completo. Durante este período, en efecto, apenas contabilizáronse unhas 50 manchas solares en lugar das preto de 50.000 habituais. A análise da radiación solar, ademais, demostrou que os seus máximos e mínimos coinciden case sempre cos máximos e mínimos en canto ao número de manchas.

Esta redución da actividade implica unha diminución da radiación solar de 3 W por metro cadrado, máis do dobre do habitual, o que levará a un agravamento invernal extremo e a veráns moi fríos.

Se se produce na actividade solar unha redución similar á rexistrada durante o Mínimo de Maunder, tamén a atmosfera terrestre se arrefriará. Segundo os investigasdires, se as actuais teorías sobre o impacto da actividade solar no clima terrestre son certas, entón o próximo mínimo de 2030 traerá un arrefriamento significativo, moi similar ao acontecido durante o século XVII.

Non obstante, só durante os próximos 5 e 15 anos será posible ter unha certeza absoluta sobre o acertado destas predicións.

A idea de que a actividade solar afecta ao clima na Terra apareceu fai xa moito tempo. Sábese, por exemplo, que abonda unha lixeira variación dun 1% na actividade solar para causar cambios medibles na distribución de temperaturas e do fluxo de aire en todo o planeta. Os raios ultravioleta teñen efectos fotoquímicos, que levan á formación de ozono na atmosfera, a unha altura de 30 ou 40 km. E o fluxo de raios ultravioleta aumenta considerablemente cando se produce unha labarada solar. O ozono, que absorbe os raios do sol o suficientemente ben, quéntase como consecuencia deste aumento de radiación e afecta ás correntes de aire nas capas baixas da atmosfera e, en consecuencia, ao clima.

Tamén a emisión de partículas cargadas aumenta coa actividade solar. E esas partículas alcanzan a Terra e móvense en complexas traxectorias, causando auroras, tormentas xeomagnéticas e problemas nas comunicacións por radio.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios