Facebook Twitter Google +1     Admin

UNHA MANTA RAIA DE COR ROSA

Publicado: 10/11/2015 08:58 por vgomez en CURIOSIDADES
20151108231907-manta-raya-rosa2-.jpg

Un instrutor de mergullo tomou as instantáneas / Ryan Jeffery

O corpo dos exemplares de manta raia é de cor gris (tendente a negro) na súa zona dorsal e branco na parte ventral. Con todo, un grupo de mergulladores filmou e fotografou unha manta raia rosa. Ocorreu o 20 de outubro nas augas da Illa Lady Elliot (Queensland, Australia), unha área moi coñecida entre os amantes desta actividade deportiva dado o gran número de mantas raias que poden observarse, informan os medios locais.

Nunca antes vimos un exemplar tan particular, que xa está a ser nomeado como Clouseau, o inspector da Pantera Rosa", explica Kathy Townsend, responsable do Proxecto Manta que desenvolve en Australia a Universidade de Brisbane desde 2007.

FONTE: Xornal abc/natural

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.