Facebook Twitter Google +1     Admin

CAPTURADA UNHA LURA XIGANTE EN ASTURIAS

Publicado: 26/11/2015 08:01 por vgomez en CURIOSIDADES
20151125180047-14483650038624.jpg

Imaxe da lura xigante capturado en Asturias / CEPESMA

Atopouna unha parella de pescadores cando faenaba a 300 brazas de profundidade, (entre 300 e 400) metros no caladoiro do Cudillo. Os pescadores non podían crer o que estaba entre as súas redes, unha lura xigante, capturado de forma accidental. Cando a embarcación, o Minchos VI, chegou ao porto de Xixón, sobre ás dez e media da noite, esperábanos xa membros da Coordinadora para o Estudo e a Protección de Especies Mariñas (CEPESMA) para levalo a terra. Alí calculouse o peso, uns 150 quilos e a medida, 10 metros. Trátase ademais dunha femia.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.