Blogia
vgomez

MORRE NEIRA VILAS

MORRE NEIRA VILAS

Neira Vilas cun exemplar de Memorias dun neno labrego / Imaxe:ccaa.elpais.com

A lingua galega está de loito. Morreu Xosé Neira Vilas aos 87 anos de idade.

Nacera en Gres (Vila de Cruces) Pontevedra, en 1928. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio). É un dos escritores clásicos da literatura galega.

Emigrou a Arxentina en 1949, onde fixo a carreira de Xornalismo. Foi Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, e Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega. Casou coa escritora cubana, de ascendencia galega, Anisia Miranda, en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego no continente americano.
Colaborou na prensa galega de Buenos Aires e publicou nesa cidade o poemario Dende lonxe, en 1960, e a novela Memorias dun neno labrego, en 1961, ano en que Neira e Anisia van vivir a Cuba. Alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Desempeña diversos traballos na administración, colabora na prensa, e exerce durante seis anos a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún. Dende 1992 reside na súa parroquia natal, onde preside a Fundación que leva o seu nome. (A súa compañeira Anisia faleceu en 2009).

Da súa obra destaca:

Narrativa

MEMORIAS DUN NENO LABREGO (1961)
XENTE NO RODICIO (1965)
CAMIÑO BRETEMOSO (1967)
HISTORIAS DE EMIGRANTES (1968)
A MULLER DE FERRO (1969)
REMUÍÑO DE SOMBRAS (1973)
AQUELES ANOS DO MONCHO (1977)
QUERIDO TOMÁS (1980)
TEMPO NOVO (1987)
NA OUTRA BANDA DO MAR (1992)
PAPEIS (1992)
CONTOS DE TRES MUNDOS (1995)
O HOME DE PAU (1999)
RELATOS MARIÑEIROS (2003)
A FUXIDA DE MANUEL (2007)
ESPERANDO O LEITEIRO (2012)

Narrativa para nenos

CARTAS A LELO (1971)
O CABALIÑO DE BUXO (1971)
ESPANTALLO AMIGO (1971)
A MARELA TARAVELA (1976)
O CICLO DO NENO (1978)
CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS (1983)
DE CANDO O SUSO FOI CARTEIRO (1988)
CHEGAN FORASTEIROS (1993)

Poesía

DENDE LONXE (1960)
INQUEDO LATEXAR (1969)
POESÍA RECADADA (1994)
CANTAROLAS (1995)
DENDE GRES (2004)

Vilas deixa un importante legado ás nosas letras, do que forma parte Memorias dun neno labrego, a novela galega máis lida e traducida, e que eu persoalmente empreguei como libro de texto para o meu alumnado, a principios dos 80, cando se empezou a impartir o galeno na escola.

Descanse en paz!

0 comentarios