Facebook Twitter Google +1     Admin

 

O Día dos Dereitos Humanos celébrase todos os anos o 10 de decembro. Tal día coma hoxe, en 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

En 1950, a Asemblea adoptou a resolución 423 (V), convidando a todo os Estados e organizacións interesadas a que observen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

O lema deste ano “Os nosos dereitos. As nosas liberdades. Sempre”, ten como obxectivo o tema dos dereitos e liberdades (a liberdade de expresión, a liberdade de culto, a liberdade para vivir libres da miseria e a liberdade para vivir sen medo) que sustentan a Carta Internacional de Dereitos Humanos.

Queres coñecer a historia dos dereitos humanos e o seu articulado? Nese caso visualiza o vídeo superior.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.