CANTO SABES DE AUSTRALIA? XI
Continúo coa serie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Gran deserto de Victoria. É unha ecorrexión inhóspita, árida e escasamente poboada do sur de Australia. Localízase entre os estados de Australia Meridional e Australia Occidental e presenta gran cantidade de pequenas dunas de area, extensas praderías e lagos de auga salgada. Esténdese ao longo de 700 km de anchura (de Leste a Oeste) e unha superficie de 424.400 km².
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal é, aproximadamente, a poboación de Australia?
- 20 millóns de habitantes
- 25 millóns de habitantes
- 30 millóns de habitantes
Mañá a solución e unha nova pregunta!
Fonte: es.wilipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e geografia.laguia2000.com
0 comentarios