CANTO SABES DE XEOGRAFÍA? XX
Cabo Machichaco / Imaxe: jorgetutor.com
A resposta á pregunta do día anterior é RIO MIÑO. O río Louro é un afluente do Miño, no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Nace a 400 metros de altitude, no concello de Pazos de Borbén, e desemboca no Miño en Pazos de Reis, xa no concello de Tui. Atravesa os concellos de Pazos de Borbén, Mos, Redondela, Porriño e Tui. A súa lonxitude total é de 30 km, e a súa conca cobre uns 174 km² de superficie.
E imos coa pregunta de hoxe...
19. Onde se atopa o cabo Machichaco?
- No Mar Mediterráneo
- No Océano Atlántico
- No Mar Cantábrico
Maná a solución e unha nova proposta.
FONTE: Adaptación propia da idea da Revista Muy Interesante/Wikipedia
0 comentarios