CANTO SABES SOBRE A FAUNA DE ESPAÑA? IV
Continúo coa serie Canto sabes sobre a fauna de España?, na que facemos un repaso sobre a impresionante fauna que ten o noso país.
A resposta correcta á pregunta de onte é Cordilleira Cantábrica e Pirineos. O Ursus arctos pyrenaicus ten unas características moi definitorias: o seu espeso e tupido pelame, a súa pequena cola (apenas 7 ou 8 cm) e a súa enorme cabeza, rematada por dúas pequenas orellas redondeadas. É o animal terrestre máis grande de toda a fauna ibérica. O seu corpo é extremadamente robusto, sendo os machos moito máis pesados que as femias, polo menos un 25 ó 30% máis. Os osos pardos ibéricos son os máis pequenos de todo o mundo, pois os machos de cando en cando exceden o 180 kg e as femias roldan os 130 ó 140 kg, tendo enormes variacións de peso ao longo do ano e dun ano a outro, dependendo da abundancia ou escaseza de comida.
E imos coa pregunta de hoxe!
4. Que nome reciben estas larvas de anfibio?
- Alevíns
- Perdigóns
- Cágados
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal escapadarural.com e wikipedia.org
0 comentarios