Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO XLII

ENCRUCILLADO XLII

 

VERTICAIS: 1. Obra de Miguel Suso de Toro Santos, de 1986, coa que acadou o Premio da Critica de Narrativa Galega  2. Río da provincia de Ourense, que nace en Pena Trevinca, no municipio de A Veiga e que afluente do río Bibey pola dereita, que a súa vez é afluente do río Sil  6. Árbore silvestre da familia das aquifoláceas, de follas brillantes elípticas ou ovais, duras e con espiñas nos bordos, flores brancas, froito en forma de baga de cor vermella e madeira de cor clara, dura e compacta, con mome científico Ilex aquifolium 9. Capital do Reino de Noruega.

HORIZONTAIS: 1. Os punxineses son os habitantes do concello ourensán de... 3. Río que discorre por Andalucía, o segundo máis longo da comunidade logo do río Guadalquivir, do que é afluente pola esquerda 4. Óso do brazo que vai desde o ombreiro ao cóbado 5. Cabo ou Punta que serve liña divisoria das augas do Mar Mediterráneo e do Océano Atlántico, que se cruzan xusto enfronte da cidade do mesmo nome, situada na parte máis angosta da canle ou Estreito de Xibraltar, a unha distancia máxima de 14 quilómetros das costas marroquís 7. Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias 8. Desde 1987, celebrase en Redondela (Pontevedra) unha festa gastronómica, na que se exalta un cefalópodo chamado...

0 comentarios